PONTECESURES> O que si nos falou o alcalde de Pontecesures, Manuel Luís Álvarez Angueira, foi da reunión que está mañá mantivo co subdelegado de goberno. Na xuntanza escudiuse a posibilidade de realizar unha xunta local de seguridade neste concello. Outro dos temas tratados foi a posible coordinación entre a garda civil de tráfico e os auxiliares da policía local para evitar a saturación da estrada 550.
Aínda que o tema máis importante tratado na reunión de hoxe foi a posibilidade de desenvolver unha xunta local de seguridade neste Concello. O alcalde afirmou que podería ser posible a creación dun corpo de policía local debido ó carácter urbano de Pontecesures.
Redacción Salnés