Primeira reunión informativa pola mellora da estrada de Sanxenxo-Poio

    estrada_bordons_100.jpgSANXENXO > Ó redor duns 80 afectados polo proxecto de mellora da estrada provincial que comunica Sanxenxo con Samieira, en Poio, foron convocados esta mañá …

    … pola Deputación de Pontevedra para unha reunión informativa. Nela os técnicos do organismo provincial explicáronlle ós propietarios dos terreos afectados no primeiro tramo quilométrico desta estrada, os pormenores do proceso expropiatorio, así coma as características da actuación.

    Unhas obras de mellora da rede viaria, que entre outros puntos, contemplan a dotación dunha nova capa de rodadura, o ensanche dos dous carrís da estrada, que pasarán a medir 3,5 metros cada un, beirarrúas a ámbolos dous lados da rede viaria, ademais de beiravías e aparcadoiros a un lado da estrada.

    Os propietarios afectados poderán elixir nestas reunións entre a cesión dos terreos ou optar pola vía da expropiación. A elevada cantidade de parcelas existentes ó longo da rede viaria fai que as reunións informativas coma a de hoxe se volvan a repetir co resto dos afectados de cada tramo quilométrico da estrada. Mañá será a quenda dos veciños do segundo punto quilométrico do vial.

    A Deputación de Pontevedra e o concello de Sanxenxo van destinar un total de 5 millóns de euros para a reforma da estrada, dunha elevada densidade tráfico, especialmente durante o verán. Ámbolos dous organismos aportarán respectivamente un 60 e un 40 por cen do financiamento.

    Redacción Salnés