Yayo Daporta organiza un Xantar en beneficio de Esperanza Salnés

    xantar_solidariocopy.jpgCAMBADOS> Aperitivos, caldo galego, cocido e sobremesa. Este é o menú que aqueles que decidan participar poderán degustar.

    {flowplayer}images/salnes/XANTAR_BENEFICO_ESPERANZA_SALNES.flv{/flowplayer}

    Unha iniciativa privada ven de organizar un xantar solidario para o luns de carnaval cuxa recadación vai ir destinada á asociación Esperanza Salnés. Trátase do restaurante Yayo Daporta, en Cambados, quen en colaboración co concello, a adega Martín Códax e Mariscos José María Daporta únense por unha boa causa.

    Aperitivos, caldo galego, cocido e sobremesa. Este é o menú que aqueles que decidan participar neste xantar solidario poderán degustar no restaurante Yayo Daporta, en Cambados. O prezo será de 40 euros. O importe íntegro dos 45 comensais para os que haberá sitio irá en beneficio de Esperanza Salnés.

    Desde a asociación só tiñan palabras de agradecemento cara o restaurante Yayo Daporta e puxo de relevo a súa solidariedade. Pola súa banda, os colaboradores coa iniciativa, concello de Cambados, Martín Códax e Mariscos José María Daporta recoñeceron que con actividades coma estas gañan todos pero sobre todo Esperanza Salnés.

    O alcalde de Cambados aproveitou o acto para anunciar que para este ano vai manter a axuda destinada á asociación e que a aumentarán na medida do posible.

    Redacción Salnés