As traballadoras de Alfageme esixen uha solución na Delegación da Xunta

    alfageme_pontevedracopy.jpgPONTEVEDRA> O fixeron protagonizando un encerro no edificio administrativo en Pontevedra xunto a membros da central sindical CIG. 

    {flowplayer}images/salnes/DECISION_ALFAGEME_140212.flv{/flowplayer}

    Desde o encerro que protagonizaron onte as traballadoras de Alfageme no IGAPE, a CIG déralle de prazo á Xunta ata esta mañá para recibir algunha resposta en relación ó transcurso das negociacións que permitisen desbloquear o problema das conserveiras.

    Ante a falta de novidades, medio centenar de empregadas desprazáronse esta mañá á Delegación de Pontevedra para reclamar unha solución ó conflito.

    Con todo, desde a CIG confían en que a Xunta se poña á fronte do conflito xa que a solución, explicou Rosa Abuín, é cuestión de vontade política. En relación as negociacións que as entidades financeiras manteñen coa familia Lago, desde a central sindical as valoraron de surrealistas.

    Polo de agora, ata que non se resolva o problema de Alfageme, a CIG continuará coas mobilizacións.

    Pola súa banda, desde a CXT informaron que esta mañá mantiveron unha xuntanza co Director Xeral do IGAPE quen lles reiterou o compromiso da Xunta conforme están a realizar tódolos esforzos para dar solución ó conflito mediante un documento que garanta, perante as entidades financeiras, a disposición absoluta da administración a executalos avais en canto sexa factible desde o punto de vista xurídico.

    Redacción Salnés