Capturas desiguais na volta ó traballo dos mariscadores noieses

NOIA> As mostraxes realizadas o domingo confirmaron a baixada dos niveis de toxina na ría de Noia. Os mariscadores volvían está mañá ó traballo para retomar unha campaña que xa bateu récord de facturación.

Aínda que a zona de San Cosme permanece pechada, o resto dos bancos marisqueiros de Noia están xa libre de toxina. as analíticas realizadas o domingo por un laboratorio privado confirmaron a tendencia descendente dos nivel polo que os mariscadores puideron volver esta mañá ó traballo. Atoparon os bancos máis ou menos como hai quince días cando a aparición da toxina lles obrigou a parar.

Precisamente nalgunhas zonas, os mariscadores constataron que o recurso comeza a escasear e investiron toda a mañá en acadar o tope. Iso, quen chegou a collelo posto que algúns volvían a terra sen o cupo.

Por diante quenda aínda un par de meses de traballo no que os mariscadores agardan que o prezo aguante ou mesmo suba, co incremento da demanda de cara á Semana Santa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí