Oito agrupacións participarán na XX Mostra Infantil de Teatro

    RIBEIRA> Oito agrupacións escolares participarán na vixésima Mostra de Teatro Infantil de Ribeira que se celebrará a próxima semana nomunicipio. Serán cinco centros educativos do municipio e outros tres convidades doutros concellos da comarca. Entre o 22 e o 26 de maio Ribeira acollerá a mostra de teatro infantil que acada xa a súa vixésima edición. Entre as agrupacións que participan hai cinco centros escolares do municipio, A ANPA do Colexio Bayón representará ‘La bella y la Bestia’ e a ANPA Monte Tahume do colexio de Olveira poñerá en escena ‘Recreo. A Milagrosa de Oleiros levará a esta mostra a obra ‘A Mansión Fantasma’, o CEIP O Grupo porá sobre as táboas a obra ‘Máis Educación’ mentres que o Bayón decantouse por unha versión do clásico ‘Rapunzel’. Os grupos convidados serán o Salustiano Rey Eiras, con ‘Sueño de una noche de verano’, o grupo Teatrando Alecrín de Lousame, con ‘O Baúl Musical’ e o Felipe de Castro de Noia que presentará ‘As laranxas, máis laranxas de tódalas laranxas’, de Carlos Casares. Tódalas actuacións desenvolveranse a partir das oito da tarde no auditorio municipal. Serán de balde ata completar aforo aínda que, como é habitual, será preciso retirar invitación media hora antes. Trala última función do venres terá lugar un acto de clausura no que tódolos participantes recibirán agasallos.