SALNÉS> Así o anunciou o Presidente da Mancomunidade. Na sesión plenario tamén se facultará a Gonzalo Durán para cedela superficie á Xunta.
{flowplayer}images/salnes/COMPRA_TERREOS_HOSPITAL_140212.flv{/flowplayer}
A compra dos terreos para a ampliación do Hospital do Salnés será un dos puntos da orde do día do pleno da Mancomunidade deste xoves. Así o anunciou esta mañá o seu Presidente. Na sesión tamén se facultará a Gonzalo Durán para que negocie a transferencia da superficie, duns dous mil cincocentos metros cadrados, á Xunta.
Nese acordo tamén estarán incluídos os concellos de A Illa de Arousa e Catoira. Neste senso, Durán informou que lles remitirá un documento solicitando a súa colaboración. No caso de que decidan non apoiala compra dos terreos, a cantidade que lles corresponda o terá que asumir a Mancomunidade coma débeda non cobrada.
Como xa sinalara o Presidente do ente comarcal, o gasto afrontarase cun crédito da Deputación de Pontevedra, nun principio, a quince anos.
Por último, Gonzalo Durán anunciou que xa remataron as negociacións para a compra dos terreos para o aparcamento do Hospital. Coa opción de compra enriba da mesa, están, dixo, na busca de financiamento.
Redacción Salnés