Premios para os ‘revitalizadores’ da cultura

    galaculturadeputacion.jpgA CORUÑA> A Deputación entregou onte pola noite no pazo de Mariñán os premios da cultura na súa gala anual.

    {flowplayer}barbanza/galaculturadeputacion.flv{/flowplayer}

    Coa presenza de personalidades do mundo das artes, a cultura e a política, onte pola noite celebrábase no pazo de Mariñán a Gala da Cultura da Deputación da Coruña. Un acto que tiña previsto celebrarse xa o pasado 27 de xaneiro, pero que foi aprazada a concecuencia da traxedia do Orzán. O acto estivo presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, quen destacou estes galardóns outorgados cada ano polo organismo provincial.

    A cultura coma recurso

    Na súa intervención e despois de ter unhas palabras de lembranza para Isaac Díaz Pardo, recentemente falecido, o presidente da Deputación, Diego Calvo, incidiu en que en tempos de crise, a cultura debe ser un recurso que non se pode deixar de man.

    Dezaseis premiados

    Na gala distinguiuse a dezaseis artistas e colectivos nun total de sete categorías. O grupo Pülsar fíxose co premio no concurso de rock; en artes gráficas a gañadora foi Sonia Higuera; en banda deseñada o premio recaeu en Ignacio Vilariño e Iván Suárez; en composición musical, Javier Martínez Campos; no certame de artes plásticas os premiados foron Fruela Alonso, Berta Álvarez, Antonio Carbajo, Víctor Hugo Costa, Xabier de Sousa, Victoria Diehl, Carlos Maciá, Yolanda Martínez e José Andrés Santiago; en teatro o autor premiado foi Manuel Guede e o galardón de narrativa recaeu na escritora Esther Bendaham. Foi precisamente ela a encargada de falar en nome de tódolos premiados, agradecendo ó organismo provincial a súa implicación e apoio á cultura.

    Redacción Barbanza