A Xunta mellorará a depuradora de Paradivas

CALDAS> Juan Manuel Rey mantivo unha xuntanza coa directora de Augas de Galicia, segundo Rey, bastante clarificadora da situación, xa que asumen que o estado da depuradora de Paradivas non era a correcta e comezaran os arranxos o antes posible, para reducir os vertidos ao embalse do Umia.
A Xunta mellorará a depuradora de Paradivas, unha actuación coa que intentaran reducir os vertidos ao embalse do Umia. O alcalde de Caldas mantivo unha reunión coa directora de Augas de Galicia, da que sinalou que foi bastante clarificadora.
A inversión nesta planta compartida entre os concellos de Caldas e Moraña ascende aos 40.000 euros.
Durante a xuntanza tamén se lle fixo entrega ao rexedor de Caldas da documentación da Xunta ao respecto do seguimento e o resultado dos estudos sobre a concentración de cianobacterias e de toxina no encoro do Umia.

Comments are closed.