Bernardino Quintanilla xa ten a súa placa no Museo do Viño

    CAMBADOS> Este xoves foi xornada festiva no Museo de Viño de Cambados. Os familiares de Bernardino Quintanilla asistiron a un pequeno recoñecemento que dende o concello quixeron ter co creador e impulsor da Festa do Albariño. O Museo do Viño de Cambados luce, dende este xoves, unha placa en recordo de Bernardino Quintanilla, creador e impulsor da Festa do Albariño. Un recoñecemento que chega despois de que a súa filla se reunira con Fátima Abal, alcaldesa do municipio, e puxese no seu coñecemento a historia do ser pai. Despois de comprobar que todo era verdade, dende o concello decidiron conceder esta pequena homenaxe. Quintanilla ademais foi fillo do alcalde de Cambados do ano 1923 ao 1924. Arroupados por familiares e amigos os membros da familia Quintanilla mostráronse agradecidos polo recoñecemento.