![]()
CALDAS> Dende a pasada fin de semana, uns 40 afectados estanse a manifestar ás portas da planta amosando a súa indignación.
{flowplayer}images/salnes/ConcentracionClesa.flv{/flowplayer}
Os traballadores da fábrica de Clesa estanse a concentrar estes días ás portas da planta, en Caldas, para reclamar a continuidade da factoría. Dende a pasada fin de semana tódolos días á unha e media da tarde un grupo formado por uns corenta afectados estase a manifestar ás portas da planta amosando a súa indignación.
Reclaman a continuidade da factoría, ó tempo que dan o seu apoio á que se coñece como única oferta de compra e manifestan a súa indignación ante a actitude dos administradores.
As diferenzas económicas entre Feiraco e os administradores concursais fan que o comité de empresa tema que a láctea galega se canse e abandone o proceso para facerse coa planta de Saiar. Nestes momentos, a preocupación do comité de empresa é que os traballadores afectados polo ERE comecen a cobrar o paro canto antes.
As concentracións están a ter lugar tódolos días dende a pasada fin de semana, á unha e media da tarde. Coincidindo co cambio de turno na factoría para que os traballadores que están dentro poidan asistir. Con todo, segundo a presidenta do Comité de empresa, a maneira de levar a cabo o proceso non fixo se non dividir a plantilla.
Polo de agora continuarán levando a cabo estas concentracións e non descartan tomar outras medidas de presión. Para o que aínda non hai data é para a reunión entre os administradores, a Xunta e Feiraco.
Redacción Salnés









