Continúa a tensión na Confraría de Carril antes das eleccións

    VILAGARCÍA> Continúa a tensión na Confraría de Carril. O pósito carrilexo está a sufrir numerosas inspeccións nos últimos días. Unha situación que segundo creen dende a xestora, responde a plan para enturbar as próximas eleccións do 27 de maio. Os gardacostas acudiron frecuentemente a lonxa de Carril nas últimas semanas para revisar as tallas e a posible venda de relojito. Unha presenza que levou a presidenta da xestora que está a xestionar o pósito carrilexo a solicitar unha reunión coa secretaria xeral de pesca. O que chamou a atención de González foi o coñecemento de que estas inspeccións se deben a diferentes denuncias que recibiron nas últimas semanas. A presidenta da xestora de Carril teno claro, todo isto responde a un complot contra as persoas que levan a xestora. Haberá que esperar ata o 27 de maio para coñecer cal é o resultado das eleccións do pósito carrilexo, e unha vez estean elixidos os representantes do goberno procederase a elección do próximo patrón ou patroa da Confraría de Carril. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/11/confraria_carril_actualidade_eleccions_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/11/confraria_carril_actualidade_eleccions.mp4{/flowplayer}