Meigallo amósanos os complementos para esta primavera

meigallo1 copia.jpg MEAÑO> Canal Rías Baixas colouse esta mañá no making off da campaña, que hoxe celebraron nas instalacións que ten a firma no polígono da Pedreira.

{flowplayer}images/salnes/sesion_fotos_meigallo.flv{/flowplayer}

Mónica Loureiro, directora creativa Meigallo, preséntanos un avance da temporada de primavera 2012 de Meigallo. Unha colección onde o protagonista é o clutch, en varias versións, acabados e cores.

As modelos galegas Carolina Rivas e Laura Martínez son a imaxe do novo catálogo que lanzará Meigallo. Hoxe remataron o making off da campaña cunha sesión de fotos no Showroom que a firma ten en Meaño. Meigallo propón para esta primavera pulseiras e brazaletes en cores envellecidos e vitamínicos, e pendentes extra longos. E para o pelo, tocados ou pinzas, segundo o reclame a ocasión. Unha variedade de estilos, para satisfacer a tódolos gustos, é o que ofrece Meigallo.

Para a elaboración desta campaña, Meigallo rodeouse dun equipo de profesionais consolidados como o equipo de fotógrafos Artfeeder, afincado en Brighton, Inglaterra. Das prendas encargouse La Gatita Presumida e do estilismo Elba Durán Peluquería.

Redacción Salnés