Vilagarcía acolleu a Copa Galega de Trial de Clásicas

VILAGARCÍA> Na proba, celebrada no Monte Perrón, participaron 16 pilotos principalmente galegos, entre eles os irmáns vilagarciáns Verónica e Carlos Miguéns.

{flowplayer}images/salnes/trial_150212.flv{/flowplayer} 

Durante a mañá do domingo 16 pilotos chegados dende diferentes puntos de Galicia e Castela e León, participaron no trial clásico de Vilagarcía, organizado polo Motoclub Sqem.

Unha proba na que os competidores montaron en motos dunha antigüedade superior ós 30 anos, de ahí o seu carácter excepcional.

As cinco primeiras zonas que tiveron que afrontar estaban situadas no Monte Perrón. A pronunciada pendente dificultou aínda máis o paso dos pilotos. A sexta e última zona colocouse ó carón do Centro Cultural de Rubianes, onde se deron cita numerosos afeccionados.

Os pilotos estiveron dividios en tres categorías: na A resultiu vencedor Juan Lumbreras, por diante de Antonio Pérez e Ángel Leiros. Na B o gañador foi Alberto Piñeiro, con Francisco Ferández e Casimiro García segundo e terceiro respectivamente; mentres que na C impúxose Francisco Álvarez. Sergio Juane e Mundo Hermelo completaron o podium.

Dende o Motoclub Sqem xa preparan a seguinte evento que lles tocará organizar. Será o día 22 de abril, coa terceira proba puntuable do Campionato Galego de Trial na que daranse cita ó redor de 60 pilotos nun circuíto que estará situado tamén na zona de Rubianes.

Redacción Salnés