Ensaian en Vilagarcía a actuación ante un vertido de fuel nas costas arousás

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/18/director_costas_compostela.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/18/director_costas_compostela.mp4{/flowplayer} 

 

VILAGARCÍA> Estado, Xunta, Salvamento Marítimo e concello de Vilagarcía ensaiaron hoxe como debería ser a súa actuación ante un episodio de contaminación tanto no mar como na costa arousá. O simulacro mobilizou a preto de 100 persoas, que realizaron as operacións de control, recollida e limpeza do suposto vertido tanto no mar como na praia de Compostela. O obxectivo principal: defender a illa de Cortegada e os viveiros de Carril.

Un buque embarranca ao recalar no porto de Vilagarcía e derrama preto de 500 toneladas de combustible pesado no mar. Este é o suposto co que se traballou esta mañá no simulacro na ría de Arousa.

A partires de aí, comeza o despregue. Mentres a Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima, a Axencia Europea de Seguridade Marítima e o Servizo de Gardacostas de Galicia traballan para controlar a mancha principal no mar, Xunta, Ministerio de Medio Ambiente e concello de Vilagarcía fan o propio na costa, intentando desviar o combustible cara a praia de Compostela.

Alí iníciase a recollida e o depósito para o seu posterior transporte.

Para a simulación, empregouse cortiza de árbore na area e mandarinas e flocos de millo no mar, elementos que asemellan o seu comportamento ao do combustible, e suficientes para pór a traballar aos medios.

No dispositivo desta mañá participaron preto de 100 persoas dependentes das distintas administracións.