Calcinada unha vivenda de Ribeira

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/05/incendiourbanoribeira0509141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/05/incendiourbanoribeira050914.mp4{/flowplayer}

    RIBEIRA> As chamas tamén afectaron a tres vivendas contiguas e á instalación eléctrica e telefónica de toda a rúa.

    O incendio dunha vivenda de Ribeira, orixinado na noite de onte, levantou unha gran expectación entre a veciñanza da vila. Foron moitos os que se achegaron ata o entorno das casas baratas, co obxectivo de comprobar persoalmente o que alí estaba a pasar. A orixe do incendio é aínda motivo de investigación, hai quen apunta a que a causante puido ser unha cabicha mal apagada e outros consideran que puido deberse a un problema eléctrico. A virulencia do incendio calcinou por completo a parte baixa do inmoble e alargou o operativo dos bombeiros máis de tres horas. Ademais das catro vivendas afectadas, o cableado eléctrico e telefónico da rúa sufriu danos a consecuencia do lume. Producíronse numerosos chispazos durante a extinción, obrigando a cortar a instalación. Afortunadamente non houbo danos persoais, xa que a vivenda estaba desocupada nese momento. Alí residía un amigo do dono da casa.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí