O Grove ofrécese como destino turítico gastronómico

    fotolinguadocopia.jpgGROVE> Este venres darán comezo as xornadas gastronómicas “A cociña e o mar”. Os moluscos e o linguado son os protagonistas en febreiro.

    {flowplayer}images/salnes/XornadasCocinaMar150212.flv{/flowplayer}

    Este venres darán comezo no Grove as xornadas gastronómicas “A cociña e o mar”. Este proxecto do Centro de Iniciativas Turísticas pretende atraer visitantes ó Grove tamén fora da época do verán. O concello meco ofrécese como alternativa turística para todos aqueles que queiran gozar da boa gastronomía.

    Estas son só algunhas das propostas para estas xornadas. Dende o máis innovador ata o máis tradicional. O Cit do Grove quere presentar o concello meco como destino gastronómico e para elo este venres darán comezo as xornadas gastronómicas “A cociña e o mar”. Baixo o lema “Seis meses, seis motivos”, os restaurantes implicados nesta iniciativa incluirán dende agora e ata o verán, pratos elaborados con distintos produtos, cada mes coas materias primas que estean nese momento en tempada.

    En febreiro toca os mexillóns, navallas, ameixas e demais moluscos, e o linguado. Hoxe, como posta a punto para estas xornadas que arrancan o venres, celebrouse no campamento da Lanzada, un encontro no que tres restaurantes (Solaina, Beiramar e A Lareira do Larexo) elaboraron algúns dos seus pratos. Pratos deses que non deixan indiferente a ninguén.

    Redacción Salnés