Fexdega acollerá finalmente o comedor de verán de Ravella

    VILAGARCÍA> Fexdega será o edificio que finalmente albergue o comedor escolar de verán de Vilagarcía. O concello quere aproveitar que é o recinto feiral o que está a acoller as actividades da ludoteta, evitando así o traslado dos rapaces ata o colexio de A Lomba para xantar. A concellería de Benestar destinará a este servizo un orzamento de ao redor de 20 mil euros.

     

    Finalmente será Fexdega o espazo que albergue o comedor escolar de verán. O concello contaba co visto bo da Consellería de Educación para manter abertas as instalacións de A Lomba, pero optou polo recinto feiral para evitar o traslado dos nenos.

    Os nenos que xa gozan deste campamento serán os principais usuarios do comedor, que busca facilitar a conciliación familiar e garantir a correcta alimentación dos pequenos.

    O concello destinará 20 mil euros a financiar este comedor, que contará cunhas 100 prazas dispoñibles. A concellería está agora recibindo as ofertas das diferentes empresas de catering que optan a facerse cargo do comedor, que ofrecerá menús cun prezo de ao redor de 5 euros. A intención é que comece a funcionar o día 15 de xullo, por iso está previsto que as inscricións abran a vindeira semana.

    Tania García asegurou que o anterior goberno non deixara ningunha cantidade destinada a financiar este servizo. Tamén pediu á Xunta unha maior implicación na iniciativa para o vindeiro ano, no que intentarán incluír este comedor nos campamentos de verán.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/02/comedor_villa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/02/comedor_villa.mp4{/flowplayer}