Arde unha nave dedicada ós conxelados no polígono de As Veigas

    incendio_nave_caldascopy.jpgCALDAS> O incendio orixinou ó redor das once e media da mañá. Polo momento, descoñécense as causas que o provocaron.

    {flowplayer}images/salnes/INCENDIO_NAVE_CALDAS.flv{/flowplayer}

    Sobre as once e media da mañá orixinouse o incendio nesta nave da empresa Frigoríficos Devesa, situada no polígono industrial de As Veigas, no concello de Caldas de Reis. Por sorte non houbo que lamentar danos persoais. Tres horas despois de propagarse as lapas, aínda continuaban as labores de extinción.

    Continuaban as labores de extinción pero o incendio xa estaba controlado. Así mesmo xa estaban fóra de perigo as naves máis próximas e xa non había risco de que se producise algún vertido ó río Umia debido ó líquido que saía da fábrica.

    Con todo, polo momento descoñécense as causas que provocaron o incendio. Segundo os propietarios da nave o lume empezou de repente e propagouse con grande rapidez debido ós materiais inflamables que había non interior.

    A fumareda que causou o incendio, que se podía ver a varios quilómetros de distancia, xerou grande expectación na zona. O alcalde de Caldas e os líderes da oposición tamén se achegaron ata a zona. Todos lamentaron o acontecido pero resaltaron que por sorte non houbo que lamentar danos persoais xa que no interior se atopan os seis traballadores da empresa.

    Ata o lugar trasladáronse efectivos de Protección Civil, Policía Local, Garda Civil e Bombeiros do Salnés que tiveron que pedir reforzos ós equipos de O Morrazo, Deza e Pontevedra.

    Redacción Salnés