MORAÑA> A comunidade de augas de Santa Cruz de Lamas, en Moraña, mellora a zona de captación do seu manancial. Foi posible grazas a unha achega da Xunta de Galicia de 12.000 euros.
Os traballos consistiron no desbroce da zona e a instalación dun novo decantador para a filtración da auga dese manancial.
A actuación enmárcase dentro do plan de cooperación do goberno galego para asociacións de veciños e comunidades de usuarios. No conxunto de Galicia, estas entidades recibiron no pasado 2024 un millón de euros para o mantemento e posta a punto das súas instalacións.
Esta mañá coñecía os detalles da actuación acometida en Moraña o delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, xunto co alcalde, Sito Gómez, e representantes da comunidade de augas.











