Nava Castro preside os actos do comerciantes do Salnés

    CAMBADOS> A polémica xerada sobre o concurso de piropos organizado pola Asociación Comercial Cambados Zona Centro, lonxe de prexudicar o evento…

    {flowplayer}images/salnes/namorados_cambados_vilanova.flv{/flowplayer}

    … deulle aínda máis realce.Finalmente o éxito de participación foi notable, non así as vendas desta temporada dos namorados, nas que se deixou sentir, e moito, a repercusión da crise.

    A gañadora do concurso foi María Abelenda Fraga, seguida de José Antonio Piñeiro, David Galiñanes e Laura Parada Rey. Mención especial con outra cea mereceu o piropo enviado por Peluquería Charo García de Vilariño. Este acto tamén tivo a súa vertente solidaria, posto que dentro del, Cambados Zona Centro quixo entregar un cheque de 1.500 euros ó Colectivo Esperanza Salnés, doado grazas á solidariedade dos veciños e principalmente dos comerciantes locais.

    A Directora Xeral de Comercio, María Nava Castro, aproveitou a súa estancia no Salnés para facer doblete para presidir a presentación da nova imaxe corporativa de Vilanova Centro; un novo material de packaging que presenta unha imaxe modernizada deste comercio próximo. Este novo deseño foi deseñado por unha empresa de publicidade especializada, grazas a achega do ente provincial e do Fondo Social Europeo.

    Redacción Salnés