O BNG de Caldas lanza unha campaña contra o acoso nas redes

CALDAS> O BNG de Caldas lanza unha campaña contra o acoso nas redes. A formación recolle nuns carteis conversas reais onde se recollen conversas escritas onde se acosa a mulleres. Ademais, o vindeiro sábado van organizar unha xornada na que debaterán sobre o asunto.

Coa implantación das novas tecnoloxías chegaron tamén novas ameazas. Unha delas é o acoso ás mulleres a través das redes. O BNG de Caldas lanzou unha campaña para denunciar este tipo de ataques, cada vez máis habituais a través do teléfono ou do ordenador. Segundo denuncian, moitas veces as vítimas caen na trampa, confundido o acoso coa atención. Os nacionalistas deseñaron uns carteis con dúas conversacións reais nas que o acoso é evidente.

Para afondar no asunto, o Bloque vai organizar unha xornada de portas abertas o vindeiro sábado en Caldas. Nese encontro van participar diversas persoas que darán o seu punto de vista sobre esta problemática. Unha delas é a Concelleira de Igualdade de Pontevedra, que esta mañá participaba na presentación dos actos na sede dos nacionalistas pontevedreses. Carme Fouces avanzaba hoxe que a súa presentación estará centrada na perspectiva histórica desta cuestión.

Os actos deste sábado arrancarán ás 7 da tarde. Aínda está por concretar se se van celebrar no Auditorio ou na Biblioteca.