A Xunta paraliza as obras de construcción do campo de fútbol do Terrón

    VILANOVA > As obras do polémico campo de fútbol do Terrón protagonizaron hoxe un novo episodio. A Xunta paralizou as obras de construcción porque éstas contan con licenza municipal pero non están aprobadas…

    …pola consellería de Política Territorial. O alcalde de Vilanova anunciou que mañá mesmo pedirá explicacións ó subdelegado do goberno en Pontevedra, Delfín Fernández, ante o que considera un despropósito municipal.obrascampoterron_300_210307_001.jpg

    O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán expresou esta mañá para TeleSalnésBarbanza a súa incredulidade ante estes feitos, xa que segundo afirmou a persoa que ordenou a paralización da obra chegou nun vehículo oficial da consellería pero, nin se identificou, nin mostrou ningún documento oficial ós operarios para ordenar a paralización da obra. Gonzalo Durán afirmou que mañá pedirá explicacións ó subdelegado do Goberno, Delfín Fernández, durante a xunta local de seguridade, xa que o técnico da consellería ameazou, sempre segundo as palabras do alcalde, con solicitar a presencia da Garda Civil se non se interrompían as obras de inmediato.

    Opinións

    Pola súa banda, o deputado e portavoz do grupo municipal socialista, Rodrigo Santiago considera que o precintado das obras de construcción do campo de fútbol do Terrón era un feito previsible. Rodrigo Santiago asegurou nembargantes que non pedirá ó concello unha avaliación da situación, nin resposabilidades ó alcalde porque considera que o concello terá que cumprir finalmente a normativa.

    Á espera do capítulo final, co que se poña fin á polémica da construcción do campo de fútbol, as máquinas están paradas e as administracións enfrontadas, pero os rapaces da escola de fútbol, continúan entrenando, aínda que sexa sobre terra.

    Redacción Salnés