O PP de Vilagarcía cree que dende o concello frenan o crecemento económico da vila

    VILAGARCÍA> O voceiro do Partido Popular de Vilagarcía, afirmou hoxe aos medios que o horario do peche das terrazas de hostalaría a unha da mañá, vai en contra do desenrolo económico da vila, nuns meses tan importantes como o verán. 

     

    Tomas Fole, anterior rexedor de Vilagarcía, e actual voceiro do Partido Popular na oposición, non entende cal é o problema, que ten a anterior ordenanza de terrazas de hostalaría, redactada na pasada lexislatura, para que o actual executivo de Alberto Varela queira modificala. Por iso retou ao alcalde de Vilagarcía a redactar unha nova ordenanza antes do vindeiro 23 de abril, e comparala coa anterior. 

    O documento establece o horario de peche ata a 1 da mañá, aínda que as fines de semana poderase ampliar as 2. Ademais Ravella non está a favor da instalación de anclaxes, nin das cadeiras e mesas con logos publicitarios.  

    Tomás Fole lamentou ter que coñecer esta medida pola prensa, e da actitude do alcalde Alberto Varela, a o ser preguntado polo propio voceiro popular, sobre a medida.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/07/ordenanzas_terrazas_pp.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/07/ordenanzas_terrazas_pp.mp4{/flowplayer}