Os da Bayuca gañan o Concurso de Comparsas do Grove 2012

    O GROVE> O pavillón de Monte da Vila no Grove foi o escenario un ano máis do concurso de comparsas desta península meca. Nesta edición 2012…

    {flowplayer}images/salnes/comparsas_grove.flv{/flowplayer}

    … os gañadores da prestixiosa bandeira xunta cos 1.100 euros do primeiro premio foron Os da Bayuca, seguidos pola comparsa Los Güeros, con 950 euros de premio, e de Os Garoulos con 850 euros en premio.

    Ante un aforo completo e un público entregado con ganas de pasalo ben neste Entroido meco, as letras foron debullando as novas máis polémicas dos últimos meses; entre elas a imputación xudicial do xenro do rei, Iñaki Urdangarín e a política de Mariano Rajoy a nivel nacional; e a presunta relación entre o edil Fredi Bea e a burra da Toxa ou, de novo este ano, a vestimenta de Aída Filgueira, a primeira tenente de alcalde, a nivel local.

    Pero máis aló do espírito do Entroido, o que sen dúbida marcará esta edición de comparsas foi a agresión dun dos participantes ó edil de Cultura Carlos Otero. Segundo as testemuñas presenciais, o grovense Óscar Domínguez, coñecido neste Concello como Virvi Fraga, rematou o concurso insultando e mesmo agredindo ó concelleiro por quedar a súa comparsa As do 808 Línea Punk de penúltima neste concurso. Estes feitos serían hoxe denunciados polo Alcalde, Miguel Ángel Pérez, quen quere que esta actitude incívica non quede sen castigo.

    Redacción Salnés