VILAGARCIA> Vilagarcía pecha a primeira edición do obradoiro de cociña Segunda Volta cun balance moi positivo. Durante 9 meses, o chef Xoanqui Ameixeiras ensinou aos participantes máis de 50 receitas diferentes con produtos da praza de abastos. Tanto os asistentes como o cociñeiro e o concello ven cos bos ollos a celebración dunha nova edición.
Vilagarcía puxo en marcha este ano o obradoiro de cociña segunda volta. Un taller impartido polo cociñeiro Xoanqui Ameixeris dous xoves de cada mes na praza de abastos. O obxectivo do goberno local era fomentar os produtos de proximidade e a súa vez amosar receitas sas á veciñanza. O taller foi un éxito.
Tamén Xoanqui Ameixeiras valora o segunda volta como unha das súas mellores experiencias na cociña.
Durante 17 sesións ensinou máis de 50 receitas, cun público bastante estable que roldaba as 20 persoas. No acto de clausura os asistentes entregaron a Ameixeiras uns agasallos. Un detalle que demostra o encantados que estiveron no obradoiro.
E ademais de estar contentos, tamén aplicaron as receitas nas súas casas.
Os asistentes pediron que se celebre unha nova edición do segunda volta. Algo que tras o éxito, tanto Xoanqui Ameixeiras como o concello afirmaron que estarían encantados de repetir.