![]()
SALNÉS> O Grove foi un dos concellos máis azoutados polo temporal, aínda que na comarca a alerta laranxa deixouse notar menos do previsto.
{flowplayer}images/salnes/PROBLEMAS_INUNDACIONS_SALNES.flv{/flowplayer}
Aínda que a previsión inicial de alerta laranxa por fortes choivas para a pasada madrugada anunciaba que se poderían superalos trinta litros por metro cadrado nunha hora, finalmente o forte temporal que atravesou Galicia foi menor do previsto. Pero isto non impediu que se rexistrasen incidencias en toda a Comunidade. Foron un total de 171, a maioría delas na provincia de Pontevedra. No Grove, aínda que estaban en alerta, tres estradas e un soto dun restaurante quedaron totalmente anegados.
Segundo o xefe de Protección Civil do Grove o feito de que as choivas foran remitindo desde as dúas da madrugada e que coincidiu coa baixada da marea favoreceu que as consecuencias foran menores.
Pero ademais do Grove, no Salnés tamén se rexistraron incidencias en Vilagarcía, Sanxenxo e Poio. En Ribadumia, Protección Civil tivo que cortar unha estrada polo desprendemento de dúas árbores e en Meis, o persoal do concello atendeu unha pequena inundación no Mosteiro. Esta situación, provocou, ademais, que ás brigadas da Deputación de Pontevedra atenderan cinco emerxencias na provincia. En tódolos casos tratouse de danos e cortes en estradas. Desde a Axencia Galega de Emerxencias xa informaron que durante a xornada de hoxe comezou a retirarse a bolsa de aire frío que atravesou a comunidade, o que deixará ceos nubrados e choivas puntuais en toda Galicia.
Redacción Salnés






