Melloran as espectativas para a campaña da lamprea

    fotolampreacopia.jpgPONTECESURES> Despois dun comezo de tempada bastante frouxo, estes últimos días a campaña experimentou unha mellora.

    {flowplayer}images/salnes/CampanaLamprea220212.flv{/flowplayer}

    A campaña da lamprea abriu o día 15 de xaneiro e manterase ata o mes de abril. Este ano as primeiras semanas de traballo non foron boas, segundo os mariñeiros, os motivos hai que buscalos no baixo caudal que trae o río. A falta de auga fai que haxa menos e tamén que sexan máis pequenas.

    Parece que estes días a situación mellorou algo e comezan a verse máis lampreas. Aquí non hai tope de capturas, nin tampouco un mínimo de peso por exemplar. O que si está regulado é o horario de traballo e o número de nasas que pode lanzar cada mariñeiro.

    A lamprea nace no río, onde pasa entre 4 e 5 anos. Cando acada un tamaño duns 20 centímetros descende ó mar onde pasa a maior parte da súa vida, ata que acada a madurez sexual e volve ó río para desovar.

    Son 17 as embarcacións que teñen licenza para dedicarse á lamprea, pertencen as confrarías de Carril e Rianxo. Nestes momentos o prezo ó que a están a vender estes mariñeiros é duns 20 – 25 euros o quilo. Cando noutros anos chegou a acadar os 40.

    Considerada por moitos un manxar, a lamprea adoita cociñarse no seu propio sangue. É un prato difícil de preparar, sobre todo debido ó complicado que resulta limpala. Para tratar de promover os eu consumo e crear máis mercado, Pontecesures celebra a principios de abril a Festa da Lamprea.

     Redacción Salnés