A Pobra e Barcelona estreitan lazos cun intercambio cultural

    visitapresidentecentrogalego100.jpgPOBRA> O presidente do Centro Galego de Barcelona visitou a Pobra onde anunciou a próxima viaxe da exposición ‘Tempos de Vela’ á cidade condal.

    {flowplayer}barbanza/visitapresidentecentrogalego.flv{/flowplayer}

    A estreita relación entre a Pobra e Barcelona faise máis patente a través do centro galego da cidade que conta entre os seus socios con máis de cincocentos barbanzáns.

    Aniversario do centro

    Na súa visita ó concello da Pobra, o presidente do colectivo, Manoel Carrete, convidou ó alcalde ós actos que se celebrarán o próximo 24 de marzo para celebrar o 120 aniversario do centro.

    ‘Tempos de vela’

    Anunciaron ademais a futura viaxe da exposición Tempos de Vela, do pobrense Ramiro Villoch, a Barcelona onde permanecerá durante todo o mes de novembro.

    Tamén está previsto que os grupos de gaitas e pandereteiras do centro galego participen nun festival na Pobra, con datas aínda por concretar.

    Redacción Barbanza