PORTAS > Deputación e Concello inauguraron a mellora da estrada que conecta Portas con Vilanoviña.
{flowplayer}images/salnes/portas.flv{/flowplayer}
PORTAS > A Deputación e o Concello de Portas inauguraron onte pola noite a mellorada estrada que conecta este municipio co lugar de Vilanoviña, en Meis. As obras, que custaron máis de tres millóns de euros, afectaron a 8,2 quilómetros e permitiron o ensanche da calzada e a dotación de beirarrúas, iluminación, saneamento e recollida de pluviais. O alcalde e mailo presidente da Deputación agradeceron a colaboración dos veciños que cederon os terreos para mellorar a seguridade nunha estrada pola circulan a diario máis de seis mil vehículos.
Louzán tamén aproveitou para anunciar que nun ano licitará a mellora do único tramo da estrada que quedou sen urbanizar, o que comunica Portas co casco urbano de Caldas. O proxecto, que se está a redactar, prevé zonas de aparcamento e un carril bici. A mellora desta vía verase completada tamén coa construcción dunha rotonda na conexión coa estrada Vilagarcía – Pontevedra, en Vilanoviña. Segundo adiantou Rafael Louzán, a Xunta accedeu a cumprir esta demanda.
Redacción Salnés