Zona Aberta de Vilagarcía sorteará 600 euros polas compras do día da nai

VILAGARCIA> Zona Aberta de Vilagarcía sorteará 600 euros entre as compras nos comercios adheridos polo día da nai. A campaña esténdese dende hoxe ata o día 30 de abril. Para a ocasión, a asociación creo un cartel no que participaron 400 nais como homenaxe polo seu traballo durante a pandemia.

A Asociación de comerciantes Zona Aberta de Vilagarcía volve a lanzar unha campaña para premiar aos seus clientes. O motivo desta promoción é o día nai. Os compradores que merquen os seus agasallos entre o día de hoxe e 30 de abril nos comercios adheridos entrarán nun sorteo de 600 euros.

Dende a Asociación agradecen a participación dos clientes con estas campañas. Iniciativas que favorecen a dinamizar o comercio local.

Zona Aberta tamén quixo homenaxear a todas as nais polos seus traballos durante a pandemia. A asociación creou un cartel no que participan 400 nais.

O sorteo terá lugar na sede de Zona Aberta o luns 3 de maio as 20:30 horas. Unha vez rematada a campaña, os comerciantes volverán ver dinamizados os seu negocios cos bonos da xunta de Galicia e coa terceira edición dos Son da Casa de Vilagarcía. Unhas iniciativas que segundo os comerciantes funcionan moi ben e son vitais nuns momentos tan complicados.