Leis: ‘Imos a Pontevedra coa intención de sumar’

SANXENXO> Nesta xornada da Terceira destaca un partido sobre o resto, o encontro que van disputar no campo de Pasarón o Pontevedra e o Vilalonga. O cadro celeste afronta unha visita histórica coa ilusión de poder dar a sorpresa.

{flowplayer}images/salnes/Vilalonga_240212.flv{/flowplayer} 

Non é nin moito menos imposible. Esta temporada o Estradense xa demostrou que se pode gañar en Pasarón, e Somozas, Bouzas e Negreira foron quen de empatar. O Vilalonga sabe do difícil que é o reto que se marca pero non dá o partido por perdido nin moito menos. Ademais, o conxunto granate chega coa necesidade imperiosa de vencer. Aínda que xa se meteu cuarto na xeral, agora cada partido é importante para eles, e co empuxe de Depor B e Vilalbés por entrar en postos de fase de ascenso non se poden despistar.

Enfronte a ilusión do Vilalonga, que xa demostrou ó longo da súa historia que é un equipo que saca o mellor de si mesmo contra os grandes. O ano pasado gañaron no Couto ó Ourense cando peor pintaba a cousa, e en temporadas anteriores Lugo ou Depor B tamén sufriron goleadas xogando como locais. Por iso, non descartan dar a sorpresa.

Gabi Leis non poderá contar con Tachi, Nando, Portela e Oubiña, por lesión e contará coa dúbida de Saúl, que xa se retirou con molestias nas costas do partido da semana pasada ante o Dorneda. Sí que estarán xogadores que teñen gañas de reivindicarse na que foi a súa casa durante anos, casos de Fran Matos ou Adrián Gómez, sen dúbida os dous xogadores máis en forma do equipo. Adrián Pazó é baixa no conxunto granate.

Redacción Salnés