Amegrove e Mecos coorganizan a Bandeira Concello de O Grove

O GROVE> Se onte foi a presentación do Campionato Galego de Traíñas, hoxe tivo lugar a da Bandeira Concello do Grove. A regata está organizada conxuntamente por Mecos e Amegrove e terá lugar o domingo, no porto de Pedras Negras.

{flowplayer}images/salnes/trainas_220711.flv{/flowplayer} 

O alcalde do Grove, Miguel Ángel Pérez presentou esta mañá a Bandeira Concello do Grove que este ano chega á súa edición número 28. O rexedor estivo acompañado polo concelleiro de Facenda, Juan Luis Callón, ex remeiro de Amegrove e Mecos e encargado o domingo de entregar a bandeira ó gañador, e polo edil de deportes Fredi Bea.

Por razóns económicas, Mecos e Amegrove coorganizan a regata deste ano. A temporada pasada os de Rons obtiveron o seu mellor resultado precisamente en Pedras Negras, se ben o presidente dos Mecos, Juan Ramón Outeda, ve como favorita á líder intratable da Liga.

En Amegrove tamén hai gañas por facerse con este bandeira que se lles resiste dende hai moitos anos. Se ben a acumulación de regatas estes días coa disputa da bandeira de Mugardos o sábado e o Campionato Galego que se celebra en Vilaxoán o luns, pode prexudicar ós discípulos de José Ángel Cambados.

A proba dará comezo ás 11:30. Celebraranse tres quendas a catro longos , con cinco carreiros en cada unha delas.

Redacción Salnés