Pais e usuarios do Centro O Saiar protestan contra o copago

    concentracion_saiar100.jpg CALDAS> Segundo indican, a Xunta comunicoulles que os alumnos terán que ceder un 38 por cento da súa paga de discapacidade.

    {flowplayer}images/salnes/protesta_anpa_centro_saiar.flv{/flowplayer}

    Usuarios e pais do Centro Ocupacional de Saiar, en Caldas, concentráronse esta mañá diante das instalacións para protestar contra a decisión da Xunta de establecer o copago. O centro, ó que actualmente acoden 40 persoas con discapacidade, leva 30 anos funcionando de xeito gratuíto.

    A ANPA, a promotora da protesta, considera que se lles está a tomar o pelo. Lembra que antes do Nadal a xefa territorial de Benestar, Carmen Bianchi, lles comunicou ós pais nunha reunión extra oficial que se ía aplicar o copago. Unha medida que obrigaría ós usuarios a ceder o 38,7 por cento da paga que perciben por discapacidade. 

    Na concentración, ANPA e usuarios recibiron o apoio de políticos do PSOE como a deputada autonómica Carmen Cajide ou o alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, e tamén o representante dos Independentes de Caldas, Fernando Pérez. Os manifestantes botaron en falta a presencia do edil do PP local e deputado autonómico Jesús Goldar. Os pais non descartan outras medidas de protesta ata conseguir evitar o copago no centro de Saiar.

    Redacción Salnés