As Sinas acolle o inicio do Cpto. Galego de balonmán-praia

VILANOVA> A praia das Sinas, en Vilanova de Arousa, abre esta fin de semana o Campionato Galego de balonmán-praia. Esta será a primeira de seis probas organizadas todas elas nas Rías Baixas e nas que participarán equipos de toda Galicia e Portugal.

O espectáculo do balonmán-praia desembarca esta fin de semana en Vilanova de Arousa. A praia das Sinas acollerá a primeira das seis probas das que consta o Campionato Galego desta modalidade e na que daranse cita unha veintena de equipos, tantos masculinos como femeninos.

A proba celebrarase no antigo campo de futbol das Sinas, unha zona agora acondicionada para os deportes de praia que será estrenada con estes encontros. Os partidos darán comezo ás 11:30 do sábado e prolongaranse ata as 21:30. Serán os choques da fase de grupos, porque para o domingo quedará as eliminatorias que se celebrarán desde as 10:30.

Despois de Vilanova, o Campìonato Galego fará parada a vindeira fin de semana Bueu, logo en Nigrán, Vigo, Sanxenxo para rematar coa proba de A Guarda o 30 e 31 de xullo. Estes seis torneos conformarán unha clasificación xeral da cal o primeiro clasificado terá acceso ó Campionato de España, que se vai celebrar en Melilla. Ademais, os tres primeiros equipos masculinos e femeninos irán a Portugal no 2012 para disputar un torneo internacional deste especialidade.

Unha boa oportunidade para ver de preto o balonmán praia, moi diferente ó deporte practicado en pista e rexido por unhas normas nas que o espectáculo ten recompensa.

Redacción Salnés