![]()
PORTO DO SON> A corporación sonense dou o visto bo á aprobación inicial do PXOM cos votos a favor do equipo de goberno e a abstención da oposición.
{flowplayer}barbanza/aprobacioninicialpxomson.flv{/flowplayer}
BNG e PSOE comparten a necesidade de dotar ó concello dun planeamento pero botan en falta a previsión de numerosas infraestruturas no actual documento do que critican ademais a redución de solo urbanizable.
En total, o documento contempla un corenta por cento menos de chan urbanizable con respecto á proposta inicial. Unha redución moi criticada pola oposición e que, segundo o grupo de goberno, responde só á súa adaptación á lei en base a criterios técnicos.
Aposta polo rural
Segundo o BNG, a redución do número de unidades de actuación podería verse compensada co incremento da edificabilidade nos núcleos rurais, favorecendo a creación de vivenda nas súas parroquias.
Falta de información
Botan de menos no documento o deslinde dos montes, as futuras depuradoras e as entradas de auga, así como as infraestruturas contempladas no plan Move 2015. Nestes aspectos coinciden cos socialistas que critican que o goberno non se teña reunido cos demais grupos para explicarlles as modificacións.
A este respecto, o grupo de goberno explicou que o PXOM constitúe unha ferramenta para definir futuras actuacións e que o feito de que non figuren no plan non significa que non se vaian acometer.
Tras esta aprobación inicial ábrese un periodo de dous meses no que o documento permanecerá a exposición pública para a presentación de alegacións.
Redacción Barbanza









