O Coliseo Noela acolle este sábado a estrea dos novos espectáculos da Aula de Teatro Municipal

NOIA> Os afeccionados ó mundo do teatro teñen unha cita mañá sábado no Coliseo Noela coa estrea de dous espectáculos realizados polos integrantes da aula de teatro municipal.

A cita, a a partir das oito da tarde, pretende ser unha mostra do traballo realizado ó longo de todo o curso.

Os primeiros en subir ó escenario serán os integrantes do grupo infantil coa peza ‘O Circo da imaxinación’, para a continuación facelo o grupo de adultos coa obra ‘Escenas de Aquí e Acolá’.

As entradas das dúas funcións serán de balde, podéndose retirar na oficina de Turismo, en horario de doce a dúas.