O Depor Campus volverá recalar en Boiro este verán

BOIRO> Boiro acollerá en xullo a sétima edición do Depor Campus. Vai dirixido a nenos de entre 6 a 14 anos que queiran mellorar as súas habilidades futbolísticas a través do xogo. Poden realizar as inscricións ata o día 9 de xullo a través da web do Deportivo.

Por sétimo ano consecutivo, Boiro volverá ser sede do Depor Campus, organizado pola Fundación Deportivo e a escola de fútbol municipal de Boiro.

Desenvolverase do 15 ó 19 de xullo nas instalación municipais de Valiño,  en horario de dez a dúas. A actividade va dirixida a nenos de   6 a 14 anos que aprenderán a desenvolver a coordinación a través do xogo, habilidades e conceptos na relación corpo e balón e traballar fundamentos técnicos e tácticos.

Con esta actividade, Deportivo e a escola de fútbol municipal de Boiro renovan a súa estreita colaboración converténdose o concello barbanzán nunha das sedes máis antigas nas que se desenvolve este campus.

Os interesados en participar xa poden inscribirse a través da web deporcampus.rcdeportivo.es. O prezo de inscrición é de 120 euros, con descontos para os xogadores da Escola de Fútbol Municipal de Boiro.