A empresa Tragsa acometerá as obras de optimización da EDAR de Noia

NOIA> Dende hai tempo o Concello era consciente da necesidade de acometer unha actuación de envergadura na estación de augas residuais de Abruñeiras que solucionara dunha vez as deficiencias nos distintos equipos de funcionamento e ne capacidade da instalacións, problemas todos eles que están a provocar vertidos contaminantes á Ría.

Con esta actuación, a Xunta pretende modernizar a planta de tratamento destinando a este fin un investimento de 2´3 millóns de euros. A mellora aparece xa incluída no Plan de Saneamento Local.

O seguinte paso será a construción da nova depuradora. Unha actuación necesaria que tamén aparece incluída no Plan de Saneamento Local.

Nos últimos anos a Xunta leva investido en Noia preto dos cinco millóns de euros en actuacións en materia de infraestruturas hidráulicas, destacando a execución da rede de colectores xerais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí