Urdangarín encarna ó Momo no Desfile de Entroido de Vilanova

    momocopy.jpgVILANOVA> Nesta edición non faltaron os traxes máis tradicionais, as modelos de Vitoria Secret e unha comparsa de máis de noventa compoñentes.

    {flowplayer}images/salnes/MOMO_VILANOVA_270212.flv{/flowplayer}

    Moito colorido, luces e disfraces para tódolos gustos pero sobre todo o que se palpou onte en Vilanova foron moitas gañas de disfrutar dun día de festa co que se puxo o broche final ó Entroido na Comarca.

    Pero o momento máis agardado da tarde foi coñecela identidade do Momo. Nesta edición a figura de Urdangarín foi a seleccionada polos seus creadores. Personaxes como Camps, Ruíz Mateos ou Rita Barberá o acompañaron durante todo o percorrido.

    Preto de tres horas durou esta edición do Desfile do Momo que, sen dúbida, fixo as delicias dos asistentes.

    A festa rematou coa queima do Momo e a tradicional sardiña no peirao.

    Redacción Salnés