Os sindicatos seguen sen unirse nas protestas contra a reforma laboral

    SINDICATOS copia.jpg VILAGARCÍA> UXT e CCOO convocan para este mércores unha protesta na capital arousá e a CIG faina o xoves pola súa conta.

    {flowplayer}images/salnes/sindicatos_270212.flv{/flowplayer}

    Algunhas empresas do Salnés e do Ulla Umia xa están a aplicar a nova reforma laboral, anunciando EREs extintivos que serán efectivos nun mes, ou entregando cartas de despido a traballadores que non acepten unha reducción de xornada ou de salario. Así o advertiu hoxe a CIG que, sen dar nomes, apuntou a empresas de Vilagarcía, Caldas, Meaño e O Grove.

    A CIG celebrará asembleas abertas no Salnés, a primeira delas este mércores na Casa de Cultura do Grove ás oito e media da tarde. O 1 de marzo fará unha asemblea de delegados en Vilagarcía que culminará cunha concentración ante o INEM, e o día 10 convocará unha manifestación, tamén en Vilagarcía, con saída ás 8 da tarde da Casa do Mar. Son actos para concienciar á cidadanía contra a nova reforma laboral, previos á folga xeral que teñen prevista para o 29 de marzo. Unha folga na que insisten en convidar ó resto de sindicatos.

    De momento, non hai unión sindical en Galicia contra a reforma. UXT e Comisións Obreiras presentaron hoxe unha nova protesta, convocada pola Central Europea de Sindicatos, contra as reformas que se están a desenvolver en Europa. Para UXT e Comisións, estes modelos van aumentar a pobreza.

    Carmen Brea UXT A manifestación de UXT e Comisións celebrarase este mércores en Vilagarcía, con saída ás oito da tarde da Casa do Mar.

    Redacción Salnés