A subhasta de Vista Real queda deserta pola falta de licitadores

    SUBHASTA_PAZO_VISTA_REAL copia.jpgSALNÉS> Iníciase a poxa dos bens embagados ós Charlíns. Na primeira subhasta vendeuse unha antiga depuradora por 106.000 euros.

    {flowplayer}images/salnes/SUBHASTA_VISTA_REAL.flv{/flowplayer}

    O primeiro lote de bens que se subhastou foi unha nave, a antiga depuradora Mar Blanco, situada entre Cambados e Vilanova. Pero foi maior a expectación mediática que a participación de licitadores na puxa. Para a adquisición desta propiedade con preto de tres mil cincocentos metros cadrados de terreo só participaron dúas persoas de maneira presencial e outra a través dunha oferta con sobre pechado. Ó final foi adxudicada a este último por un valor de cento seis mil euros.

    Na segunda subhasta polo Pazo de Vista Real, situado no concello de Vilanova, o proceso prolongouse ata as doce e vinte do mediodía. Tras quedar deserta a primeira licitación ante a falta de puxas, procedeuse ó seguinte paso no que saía á venta cun prezo un vinte e cinco por centro menor ó valor inicial de taxación. Acto no que tampouco se vendeu. A partires de agora ábrese un prazo de dous meses no que se poderán presentar ofertas en sobre pechado ata o nove de decembro. Momento no que se procederá a adxudicación directa á mellor oferta.

    Xa que o proceso para a adquisición do Pazo de Vista Real continúa, o delegado Especial da Axencia Tributaria en Galicia non descartou a posibilidade de que algún familiar dos Charlíns adquira de novo esta propiedade. Nese caso, terán que xustificar a procedencia dos cartos.

    Sen dúbida, unha boa nova para o concello de Vilanova xa que desde o inicio manifestou o seu interese en adquirila propiedade. Segundo Luis Pazos non cabe a posibilidade de que se lle adxudique directamente senón que terán que presentar a súa oferta no prazo de dous meses.

    Mañá e ata o vindeiro dezanove de outubro continúan as subhastas dos antigos bens dos Charlíns entres os que se atopan prazas de garaxe, pisos de luxo e terreos.

    Redacción Salnés