A aviación podería ser o novo revulsivo do turismo nas Rías Baixas

    aerodromocaldas copia.jpg CALDAS> O aeródromo de Godos conta xa con licenza municipal e só falta un último trámite en Aviación Civil para ter tódolos papeis en regra.

    {flowplayer}images/salnes/AERODROMO_GODOS_270212.flv{/flowplayer}

    Afeccionados á aviación practicaban esta fin de semana varias manobras de despegue e aterraxe mentres políticos e promotor da instalación, Jose´Manuel Campañó, facían un percorrido polas dependencias do aeródromo. A infraestrutura logrou que o concello lle concedese a licenza precisa para comezar a funcionar, e nestes intres, conta con capacidade para albergar a once avionetas. Aínda que a demanda é alta. Segundo o promotor, xa hai dez persoas máis interesadas en traer aquí as súas avionetas e empregar este aeródromo.

    Unha elevada demanda que presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, interpretan como unha nova vía de atracción turística. Así o manifestaron durante a visita que realizaron esta fin de semana ás instalacións.

    Nestes intres só falta que o aérodromo reciba os pertinentes permisos de Aviación Civil para ter tódolos papeis en regra. Unha vez conseguido, plantearase a posibilidade de que este espazo acolla o vindeiro verán unha escala da Volta Aérea a Galicia Norte, unha cita que reuniría a máis de 40 avionetas de toda España e Portugal.

    Redacción Salnés