Portos retira 22.000 kilos de residuos das dársenas dos peiraos pontevedreses

VILAGARCÍA> Ímoslles dar unha cifra… máis de 20.000 kg de lixo se recolleron dos fondos mariños dos portos de Moaña, Aldán en Cangas, Tragove en Cambados, Vilaxoán en Vilagarcía ou Vilanova de Arousa. Unha importante cantidade de residuos xa están rumbo ao seu destino final, e que foron retirados no marco da quinta fase do plan de limpezas de dársenas que Portos de Galicia está a poñer en marcha nas tres provincias costeiras da comunidade.
Os fondos mariños dos portos galegos están a sufrir importantes limpezas nas últimas semanas. Portos de Galicia está levando a cabo nas tres provincias costeiras a quinta fase do plan de limpeza de dársenas. Na provincia de Pontevedra esta acción levouse a cabo nos portos de Moaña, Aldán en Cangas, Tragove en Cambados, Vilanova de Arousa e Vilaxoán en Vilagarcía. Unha acción coa que se retiraron uns 22.000kg de residuos.
A limpeza de estas dársenas portuarias implica a limpeza selectiva dos obxectos do fondos mariños dentro das augas interiores dos portos.
O equipo de traballo que se encarga da limpeza de estes espazos está formado por entre tres e cinco mergulladores e un barco grúa, ademais de estar en comunicación coa empresa encargada da limpeza dos portos galegos, quen se encarga de estes residuos xa en terra.