Agamar teme o desmantelamento do ISM

    denunciaagamarcotasseguridadesocial.jpgBARBANZA> Consideran que o novo sistema para facer o abono das cotas á seguridade social supón un grave prexuízo para os armadores da baixura.

    {flowplayer}barbanza/denunciaagamarcotasseguridadesocial.flv{/flowplayer}

    O vindeiro xoves, 1 de marzo, os armadores artesanais de Galicia terán que incorporarse ó sistema de Remisión Electrónica de Datos para facer efectivo o abono das cotas da seguridade social, no Réxime Especial dos traballadores do Mar, daquelas persoas que teñan contratadas por conta allea. Unha medida, imposta polo goberno central, e que dende Agamar consideran un grave prexuízo para a flota galega. Ata o de agora eran as propias direccións provinciais e comarcais do ISM as que viñan realizando estas funcións remitindo os boletíns mensuais de cotización.

    Desmantelamento

    Dende esta entidade consideran que se trata dun paso máis no desmantelamento progresivo, por parte do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, dos servizos que o Instituto Social da Mariña viñan facilitando ós pequenos armadores.

    Redacción Barbanza