Mirón non opta á presidencia da Cámara pola crise de Casas Novas

    ricardo_miron100.jpgPONTEVEDRA> A crise da construtora Casas Novas é o único motivo que levou a Ricardo Mirón a non optar á reelección

    {flowplayer}images/salnes/ricardo_miron.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> A crise da construtora Casas Novas é o único motivo que levou a Ricardo Mirón a non optar á reelección como presidente da Cámara de Comercio de Pontevedra.

    Mirón compareceu hoxe ante os medios de comunicación para aclarar os motivos polos que deixa o pleno da Cámara. Dos catro anos como presidente quédase co bo trato recibido dos seus compañeiros e co traballo máis ou menos ben feito. Quédalle unha espiña, Seimoga, a Semana de Moda Internacional, que non puido sacar adiante por mor da crise.

    Mirón asegura que de aquí ó 5 de marzo haberá moitas candidaturas para formar parte do pleno da Cámara. Hoxe confirmou que apostará pola que presente Francisco Moldes, propietario de Supermercados Moldes. O aínda presidente afirma que seguirá no seu cargo coa mesma ilusión ata primeiros de xuño, cando se calcula que remate o proceso electoral da Cámara.

    Redacción Salnés