Franco Argibay nega terse apropiado dos bens dun construtor

    manuel_franco_argibay100.jpg PONTEVEDRA> O avogado pontevedrés sentou no banco dos acusados o inputárselle dous delitos continuados de estafa a un empresario e á nai deste.

    {flowplayer}images/salnes/xuizo_argibay_estafa_280212.flv{/flowplayer}

    Manuel Franco Argibay sentouse hoxe de novo no banco dos acusados na Audiencia Provincial de Pontevedra. Nesta ocasión está relacionado con dous delictos continuados de estafa cos que se tería apropiado dos bens dun construtor e a nai deste. Neste primeiro día do xuízo, o empresario José Rodríguez asegurou que contactou con Franco Argibay en 1996 para recibir asesoramento completo para a súa empresa de construcción. Valéndose desta relación de confianza, indicou que o avogado se foi apropiando de dous pisos, un baixo cuberta, o circundado dunha casa e cinco fincas, todo valorado en 730.000 euros.

    Franco Argibay baseou a súa defensa dicindo que todas esas propiedades llas comprou, pagando en metálico a José Rodríguez por todas elas, e que este llas vendeu porque tiña problemas de liquidez. José Rodríguez negou ter ningunha débeda con Franco Argibay no tempo que contratou os seus servizos.

    Neste primeiro día de xuízo, o xuíz tivo que recordar en varias ocasións a Franco Argibay que estaba na sala en calidade de acusado e non de avogado e, finalmente, acabouno expulsando da sala, durante a declaración de José Rodríguez.

    Redacción Salnés