‘En Sanxenxo non hai corrupción urbanística’

    sanxenxo_urbanismocopy.jpgSANXENXO> Así se pronunciou a alcaldesa tralo escrito presentado no rexistro pola Garda Civil no que lle reclamaban documentación da área de urbanismo.

    {flowplayer}images/salnes/XUSTIFICACION_ALCADESA_URBANISMO_280212.flv{/flowplayer}

    A alcalde de Sanxenxo, Catalina González, compareceu esta mañá, respaldada polo seu grupo de goberno, para desmentilas informacións publicadas nos últimos días en relación á irrupción da Garda Civil nas oficinas de Urbanismo do concello.

    A rexedora local aclarou que desde o xulgado só lle reclamaron uns documentos ante unha serie de denuncias presentadas por particulares por presuntas irregularidades. Foi a semana pasada cando axentes do Grupo de Delincuencias Urbanísticas da Garda Civil presentaron no rexistro do concello, a petición do xulgado de instrución número 2 de Cambados, o escrito. Catalina González confesou que desde o goberno están moi tranquilos.

    González informou, ademais, sen dar nomes, que as persoas que presentaron as denuncias si están relacionadas entre elas. Asegurou que o fixeron ante a negativa do concello a concederlles unha licenza para unha vivenda.

    Pola súa banda, o seu socio de goberno, o edil de VIPS, José Luis Rodríguez, que no seu momento fora moi crítico coa xestión feito na área de Urbanismo, sentenciou que se houbera algunha irregularidade nestes momentos deixaría de formar parte do goberno.

    Por último, a alcaldesa tamén tivo palabras para os grupos da oposición. Dixo que en todo momento tiveron acceso ós expedientes e que se teñen algo que dicir que acudan á Fiscalía.

    Redacción Salnés