Rianxo e Cambados acollerán dous amigables da Selección Nacional Feminina Sub-17 de voleibol

RIANXO> A selección española feminina Sub-17 de voleibol disputará no pavillón municipal de Rianxo, o día 29 de decembro, ás seis e media da tarde, un encontro amigable contra Francia, que lle servirá de preparatorio para o Campionato de Europa da categoría.

O encontro terá ademais un carácter solidario. Todo o recadado coa venda de entradas, cun custe de un e tres euros, irá destinado a Cruz Vermella.

Aproveitarase tamén o partido para realizar unha  recollida de produtos de hixiene e limpeza a favor desta entidade.

Un día despois estas dúas selección volverán a enfrontarse nun novo amistoso, pero esta vez en Cambados, no pavillón do Pombal.

O partido será tamén ás seis e media da tarde e a entrada, nesta ocasión será gratuíta.