‘O 3% dos viticultores elixirán 4 dos 9 vogais que lles corresponden’

    uuaa_eleccionscopy.jpgPONTEVEDRA> Estes son os datos que facilitou e denunciou esta mañá UUAA ó tempo que anunciaron que van concorrer ás eleccións do CRDORB.

    {flowplayer}images/salnes/UUAA_ELECCIONS_RB.flv{/flowplayer}

    O DOG publicou onte a orde pola que se convocan eleccións en dezasete consellos reguladores. Un deles é o da DO Rías Baixas. Aínda que desde Unións Agrarias o valoran de maneira positiva, esta mañá denunciaron tamén unha modificación que se produciu no regulamento polo que muda a representatividade do voto dos agricultores non asociados. Aqueles que teñan máis de dúas hectáreas elixirán catro vocais dos nove que lles corresponden.

    Desde UUAA denuncian ademais que ata o momento as organizacións agrarias non mantiveron reunión algunha cos organismos públicos cando si se produciron encontros, aseguran, entre membros da Consellería e os presidentes dos Consellos Reguladores. Todo, tendo en conta, engaden, que non van ter acceso ós censos ata o 17 de maio.

    Isto non é máis que un exercicio, entenden, levado a cabo pola Consellería, para quitarlle ós Consellos Reguladores toda a independencia da que foron dotados no seu momento.

    A pesares de todo, Unións Agrarias xa anunciou que si van concorrer nestas eleccións.

    Redacción Salnés